O fotógrafo Lázaro Louzao inaugura ‘A Idade dos Metais’ na galería Black Box da Coruña

Despois de recoller o mellor dos seus traballos previos no libro ‘Palpar a Pel’, publicado o pasado xaneiro, o fotógrafo xovense Lázaro Louzao presenta o seu novo proxecto expositivo na Galería Black Box da Coruña.

A colectánea de fotografías, que leva por título ‘A Idade dos Metais’, presentarase ao público este venres ás 19 horas nunha inauguración con entrada libre e de balde.

‘A Idade dos Metais’ percorre a través do espido masculino as texturas de tres metais, o ouro, a prata e o cobre. “Quixen retratar o aspecto máis simbólico e máxico destes metais” explicou o tamén cineasta.

Louzao é coñecido por dirixir en 2018 ‘Nove de Novembro’, o primeiro filme de temática LGTBI rodado en galego, e dous dos modelos representados nesta nova exposición son os protagonistas do devandito filme, os actores Ademar Silvoso e Brais Yanek, o terceiro modelo é o tamén actor Fran Nogueira. Nogueira e Yanek veñen de coincidir na serie da TVG ‘A Lei de Santos’.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s