Presentouse Nove de Novembro no Teatro Colón da Coruña con todas as entradas esgotadas

Tras a súa estrea no Festival ZINEGOAK de Bilbao e ser presentada nos festivais New Renaissance de Amsterdam e qFLIX de Philadelphia. Nove de Novembro chegou a Galicia o pasado 7 de abril cunha presentación especial no Teatro Colón da Coruña con enorme éxito de público, esgotando as 845 butacas do teatro 6 días antes do evento.

A presentación acudiron distintas persoalidades do mundo da cultura e da política galegas, así como parte do equipo do filme, que mantivo un coloquio cos asistentes unha vez rematada a proxección.

Nos próximos meses Nove de Novembro poderase seguir vendo en salas e eventos culturais no ambito galego mentres continua o seu percorrido por festivais fora.

Podense seguir todas as novidades sobre o filma na súa páxima de facebook.

Anuncios