A primeira longametraxe de Lázaro Louzao busca financiamento a través de crowdfunding

Nove de Novembro ten previsto estrearse a comezos do ano que ven e será a primeira longametraxe LGTB en rodarse en galego. A historia conta os últimos días nunha relación de parella en 1989.

captura-de-pantalla-2016-12-12-a-las-13-20-59

Nove de Novembro é o título do que será o primeiro filme LGTB que se roda en galego, sempre e cando consigan acadar o obxetivo de financiamento, para o cal lanzaron unha campaña de crowdfunding este venres, día 3, e que rematará o vindeiro día 26.

Na campaña de micromecenazgo plantexanse aportacións dende os 3€ ate os 500€ para que participe todo aquel o que lle guste este proxecto, que se producirá sen axudas nin subvencións de ningún tipo.

“Non é a primeira vez que aparecen persoaxes gais ou lésbicos nun filme galego, pero si é a primeira vez que ocupan a centralidade da historia” aclara o seu director Lázaro Louzao (Xove, 1988).

O proxecto xa conta ca sponsorización do Concello de Xove (Lugo) e a axuda de varios inversores privados. “Temos xuntado algo máis de 6.000€ e faltanos outros 8.000€ para acadar o presuposto mínimo” continua Louzao.

Esperase que o filme sexa rodado en agosto para a sua estrea a comezos de 2018 e será protagonizado polos actores galegos Ademar Silvoso e Brais Yanek. A produción principal realizarase en distintas localizacións de A Coruña.