A exposición fotográfica incluirá tamén unha performance inaugural, unha sesión de videoarte e unha peza de microteatro con varios artistas invitados
Este venres presentarase na Coruña unha exposición fotográfica que adapta os temas narrados na Divina Comedia de Dante na forma de espidos masculinos. A Exposición, que só estará aberta durante 24 horas ocupará a sala de exposicións do taller creativo No importa, na céntrica rua de San Andrés, e foi posible grazas á colaboración cá asociación LGTB Alas Coruña.
“A idea principal era reinterpretar en clave erótica toda a mitoloxía cristiá presente no libro, especialmente os conceptos de inferno, paraíso e o porgatorio” comenta Louzao, que quixo rodearse de artistas invitados para esta exposición exprés.
“Pareciame máis interesante ocupar un espazo durante 24 horas e organizar varias actividades durante ese tempo que facer a clasica exposición onde as obras quedan medio abandoadas durante un mes” conclue Louzao.
A exposición contará na sua inauguración do venres cunha performance realizada polos artistas Alberte Bello e Lucía Cabrero. O sábado haberá sesión vermú cá proxección de obras de Goyo Anchou, David Domingo e Diego Stickar.
Finalmente, na tarde do sábado e 24 horas despois de inaugurarse, a exposición clausurarase ca representación en directo de algunhas esceas inéditas de Nove de Novembro, a primeira longametraxe de Lázaro Louzao como director e que serán interpretadas polos protagonistas da mesma, os actores Ademar Silvoso e Brais Yanek.